A Deputación da Coruña convocou para o ano 2021 un novo programa de axudas para financiar os gastos relacionados coa protección de animais domésticos que se realicen durante ese período por parte das asociacións privadas sen ánimo de lucro, de protección e defensa dos animais domésticos, legalmente constituídas. O programa contaba con dúas liñas de financiamento: por unha banda, gastos correntes de actividade e, por outro, a realización de investimentos.

APADAN presentou á devandita convocatoria un proxecto: Plan de alimentación, hixiene, e profilaxe dos cans acollidos nas instalacións.

A resolución da convocatoria resultou favorable para a asociación, como se pode consultar no BOP (Boletín Oficial da Provincia):
https:// bop. dacoruna. gal/ bopportal/publicado/2021/06/30/2021_0000005364.pdf

A Xunta Directiva de APADAN agradece á Deputación da Coruña esta achega, que sen dúbida será de gran axuda tanto para o mantemento dos animais acollidos no refuxio como na mellora da xestión da asociación.