O sábado, 16 de outubro, varias voluntarias de APADAN participarán no I Encontro Mocidade Voluntaria que este ano organizan as casas da mocidade do Concello de Oleiros e que terá lugar na polideportiva cuberta da Avenida da II República, en Perillo.

Unhas 20 ONGs e entidades sociais da comarca asistirán ao evento, que pretende chamar a atención dos mozos e mozas, dando a coñecer aquelas entidades máis próximas que contan con persoas voluntarias por se puidesen espertar o seu interese de colaboración. Ademais da caseta informativa, APADAN recadará fondos a través da venda de lotería de Nadal e outros produtos solidarios.

A xornada comezará ás 12 h. e finalizará ás 20 h. Esperámosvos!