O vindeiro sábado, 21 de outubro, terá lugar a segunda edición do Festival Itinerante Galegos Inside na Sala Malavida da Coruña cos concertos de Noxxo, Kondusión Kolérika e Rusty Nuts. Un festival de rock que ten carácter solidario, sendo este ano APADAN a protectora de animais homenaxeada. Para axudar aos nosos avós, todas as persoas que se acheguen ao festival, poderán doar penso e comida húmida senior.

A apertura de portas será ás 20 horas, e as entradas poden comprarse de forma anticipada. Máis información en: noxxentos@gmail.com

Como sempre, só temos palabras de agradecemento para todas as persoas que están detrás deste evento: organizadores, bandas, locais… grazas por axudarnos a axudarlles!