Durante todo o mes de maio o restaurante mexicano coruñés Nanapancha (C/Alameda, 44) está a apoiar o labor de APADAN, animando a todos os seus clientes a que coñezan o noso refuxio e se animen a dar unha oportunidade a algún dos cans que viven nas nosas instalacións. Con esta campaña a favor da adopción queren festexar o seu cuarto aniversario, realizando un labor solidario cos animais abandonados.

Ata finais de mes podedes atopar alí folletos e carteis da protectora para os que queiran máis información, e tamén unha hucha para aqueles que desexen achegar o seu grao de area e apoiar o mantemento dos cans acollidos no refuxio.

Desde APADAN queremos dar as grazas a todo o equipo de Nanapancha por facer un oco no seu local ao abandono de animais, e felicitarlles por eses 4 anos de vida, que cumprades moitos máis!