Continuando coa nosa labor de sensibilización a favor da adopción, visitamos hai uns días o CEIP Manuel Murguía de Feáns (A Coruña). Alí charlamos cos alumnos e alumnas de 6º de primaria e explicámoslles en que consiste o traballo dunha asociación protectora de animais, contando coa axuda da nosa apadana Nana, que como sempre se portou de marabilla no colexio.

O alumnado decidiu doar o 40% dos beneficios obtidos no mercado do Proxecto Semente coa cooperativa Murguiarxila a APADAN, destinando eses fondos á compra de alimentos, colares, correas, xoguetes, e outros produtos que os nosos refuxiados agradecen enormemente.

Deste APADAN só podemos dar as grazas pola solidariedade e o agarimo recibido, un pracer acompañarvos!