Fainos moi felices anunciar que un ano máis podremos poñer fin á nosa campaña de Nadal co broche de ouro dos amigos máis molóns do mundo enteiro: O concerto Punk Para Perretes ¡!

Trátase de un concerto benéfico a favor de APADAN promovido por un dos nosos máis queridos colaboradores, Davizón, que sempre consigue reunir ao mellor da música punk neste evento solidario, e que conta coa colaboración da Sala Mardi Gras, onde terán lugar os concertos; e o Mahara Taberna, onde xa podedes atopar á venda as entradas para o evento.

As citas serán os días sábados 23  30 de decembro. Dous días de música punk en directo coas actuacións das mellores bandas da ciudade, unidas por unha causa común… Garantizámosvos que merece a pena!

Non podemos  estar máis emocionadas e agradecidas a todas as personas que famn que este evento sexa un éxito, que son moitas, é moi xeneroso e bonito o que fan, doando o seu tempo e talento ao coidado dos nosos refuxiados!. Larga vida ao Punk Para Perretes!!