Este 2021 imos terminalo coa xa coñecida edición do «Punk Para Perretes», concerto benéfico a favor de APADAN que por cuarto ano celébrase na Sala Mardi Grass da Coruña. Serán 10 bandas as que pasarán polo escenario de forma totalmente desinteresada, dando o mellor en dúas noites de música en directo.

As citas serán o sábado 25 ás 22 h. e domingo 26 de decembro ás 20 h. Co fin de garantir a seguridade de todas as persoas que alí estaremos, o aforo será limitado.

A entrada ao concerto é de 10 euros, que irán integramente destinados aos nosos « perretes apadanos».

Como sabedes, este concerto está promovido por un dos nosos queridos colaboradores, Davizón, que conseguiu reunir ao mellor da música punk neste evento solidario, e conta coa colaboración da Sala Mardi Gras, que quixo apoiar este evento por cuarto ano, case consecutivo, xa que o ano pasado tivemos que facer un parón.

Desde APADAN queremos agradecer de novo a cada dunha das persoas implicadas neste proxecto musical, que cada ano supérase!!

As entradas pódense reservar a través da páxina web da Mardi. Tedes toda a información en: http://salamardigras.com/entradas

Esperámosvos!! Moitas grazas por pensar en eles!