O próximo 26 de xaneiro terá lugar en diferentes cidades da xeografía española, unha concentración en contra do Campionato de España de Caza do Raposo, entre as que se atopa A Coruña, baixo o lema ‘Nin trofeo, nin alimaña. Raposo vivo, non á caza’, organizadas polo colectivo Free Fox co fin de sensibilizar da crueldade desta práctica cinexética.
Free Fox denunciou que esta non é unha práctica exclusiva en Galicia, e que no conxunto de España cázanse uns 200.000 exemplares ao ano. A caza é só negocio e lecer e non existe ningunha xestión do medio.
APADAN apoiará a manifestación, entre outras asociacións e colectivos, que terá lugar o 26 de xaneiro ás 12 h. no Obelisco da Coruña.
Animámosvos a participar!