O vindeiro venres, 31 de xaneiro, a Asociación Cultural Steps da Coruña organiza a súa V Gala Benéfica DonandoArte, e nesta ocasión decidiu realizala a beneficio de APADAN. O acto terá lugar ás 20.30 h. no auditorio do Centro Sociocultural Ágora (Avda. Gramela, 17 – A Coruña), e a entrada consistirá en doar alimento (preferiblemente comida húmeda) que será entregado á nosa protectora para o mantemento dos cans acollidos no refuxio.

Desde APADAN queremos dar as grazas ás diferentes escolas de baile que van participar na gala (Capoeira Coruña de Ouro, World Dance Center, Steps Danza e a Escola de Ballet Cinderella), e ao Concello da Coruña por permitir realizar este evento nun dos seus centros culturais.

Moitas grazas por pensar en eles!