Este ano poñeremos o broche de ouro á nosa campaña de Nadal como vimos facendo os dous últimos anos, coa III edición do Concerto Benéfico «Punk Para Perretes»!!

Este “Punk Para Perretes 3.0” chega o dobre de forte que os anteriores. Dobramos días e dobramos músicos. Nada menos que 16 bandas pasarán polo escenario en dúas noites de música en directo!

As citas serán o venres 27 e sábado 28 de decembro, ás 22 h., na Sala Mardi Gras de A Coruña, onde varios grupos de música punk tocarán a beneficio dos animais do noso refuxio. A entrada ao concerto é de 5 euros, que irán íntegramente destinados aos nosos “perretes apadanos”.

Este concerto está promovido por un dos nosos queridos colaboradores, Davizón, que conseguiu reunir ao mellor da música punk neste evento solidario, e conta coa colaboración da Sala Mardi Gras, que quixo apoiar este evento por terceiro ano consecutivo. Estamos moi agradecidos de que todos eles queiran poñer o seu traballo e talento ao servizo dos animais recollidos no noso refuxio.

As entradas pódense mercar por anticipado en The Black Dog Tavern (Rúa Santa María, nº 2), e as tendas Vazva de Orzán e Rúa Real. 

Non o podes perder!! ¡Moitas grazas por pensar neles!